Karl Löwith
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 9 de xaneiro de 1897 Múnic, Alemaña |
Morte | 26 de maio de 1973 (76 anos) Heidelberg, Alemaña |
Lugar de sepultura | Neuenheim cemetery (en) |
Educación | Universidade de Múnic Universidade de Freiburg im Breisgau |
Actividade | |
Lugar de traballo | Heidelberg Marburgo |
Ocupación | filósofo, profesor universitario |
Empregador | Universidade de Heidelberg Universidade de Freiburg im Breisgau Universidade de Tohoku (pt) Universidade Philipps de Marburgo The New School (pt) |
Membro de | |
Profesores | Martin Heidegger |
Carreira militar | |
Conflito | Primeira guerra mundial |
Obra | |
Obras destacables
| |
Arquivos en |
|
Familia | |
Pai | Wilhelm Löwith |
Premios | |
Descrito pola fonte | Grande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Лёвит Карл) |
Karl Löwith, nado en Múnic o 9 de xaneiro de 1897 e finado en Heidelberg o 26 de maio de 1973, foi un dos primeiros discípulos de Heidegger, para ser logo un dos seus máis agudos críticos. Ambos os dous coñecéranse a través de E. Husserl en Friburgo, alá polos anos vinte.
Biografía
[editar | editar a fonte]Alumno de Edmund Husserl e de Martin Heidegger, Löwith abandonou Alemaña en 1936 por mor da súa orixe xudía. Viviu durante algúns anos no Xapón, onde quedou fascinado pola relación da filosofía zen cunha nada non orixinada no nihilismo. En 1941 trasladouse aos Estados Unidos, e regresou logo a Alemaña, onde ensinou na Universidade de Heidelberg. Löwith considera o desenvolvemento do pensamento europeo como un proceso de secularización da visión teolóxico-bíblica da historia, caracterizada á súa vez pola esperanza dun futuro escatolóxico. Para distanciarse da violencia do logos occidental, Löwith oriéntase a unha natureza non considerada como historia, destino nin creación, e na que a morte é unha compoñente ante a cal o suxeito non atopa a súa autenticidade.
Obra
[editar | editar a fonte]Dez anos despois da publicación de Von Hegel zu Nietzsche (De Hegel a Nietzsche), que foi concluído no Xapón no momento en que se iniciaba a segunda guerra mundial, Weltgeschichte und Heilsgeschehen (Historia do mundo e salvación) é sen dúbida a obra principal de Karl Löwith, a que exerceu a influencia máis duradeira sobre a filosofía política en tanto é unha das fontes principais dun tema central no debate contemporáneo: o da secularización. Obra singular, estreitamente ligada co destino persoal do seu autor, foi publicada por primeira vez nos Estados Unidos, en 1949, baixo o título Meaning in History, e traducida ao alemán por Hanno Kesting, versión que -revisada e completada polo mesmo Löwith, e publicada en 1953- foi a utilizada para a edición de Katz Editores. Na mesma, Löwith, repasa as filosofías da historia de filósofos como Burckhardt, Marx, Hegel, Voltaire ou Vico co propósito de mostrar as implicacións teolóxicas da filosofía da historia: a filosofía da historia descansa sobre orzamentos teolóxicos xeralmente ignorados ou negados. Löwith non pregoa o retorno a unha visión teolóxica das cousas humanas; somete a exame crítico as bases comúns da teoloxía e da filosofía da historia, e apela a unha interrogación dos fundamentos metafísicos que pasaron desapercibidos para a racionalidade occidental durante longo tempo (dunha maneira análogo a como Heidegger o fixera respecto da imbricación entre teoloxía e ontoloxía).
Obras
[editar | editar a fonte]- Löwith, Karl. Paul Valéry: Grundzüge seine philosophischen Denkens.
- Löwith, Karl (1991). Von Hegel zu Nietzsche : der revolutionäre Bruche im Denken des neuzehnten Jahrhunderts.
- Löwith, Karl (1949). Meaning in history. Chicago: University of Chicago Press. ISBN 0-226-49555-8.
- Löwith, Karl (1965). Heidegger : Denker in dürftiger Zeit.
- Löwith, Karl (1966). Der Mensch inmitten der Geschichte.
- Löwith, Karl (1989). Mein Leben in Deutschland vor und nach 1933.